A sección municipal encargada da xestión dos impostos, as taxas e os prezos públicos é Facenda Local, dependente da Concellería de Economía. Esa xestión supón a realización das seguintes tarefas:
Dende a Concellería de Deportes xestiónase o ámbito do deporte no Concello. Dende a xestión de instalacións ata a organización de eventos.
A Concellería de Deportes encárgase de garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas municipais e de ofrecer servizos e actividades que contribúan a promover a práctica do deporte e da actividade física do Concello.
O Concello de Lugo conta con piscinas municipais no complexo Polideportivo de FRIGSA e no Complexo Deportivo de As Pedreiras.
Dende a Concellaría de Cultura realízase a xestión da rede municipal de museos, integrada na actualidade por un total de 6 centros expositivos de difrente índole.
No Servizo de Turismo temos como obxecto xestionar o turismo no Concello, así como impulsar a mellora dos servizos turísticos e a implicación dos axentes locais nunha cultura de calidade, colaborando na reflexión estratéxica de Lugo como destino turístico.
A través da Oficina de Información Xuvenil (OIX) préstanse servizos de información e asesoramento á xuventude do concello sobre aqueles temas relacionados con diferentes ámbitos do seu interese.
Con máis de 140 anos de historia, a Banda Municipal de Música de Lugo e as súas músicas está patente en todos os currunchos da cidade de Lugo.
O Concello de Lugo afronta a modernización do servizo ORA en consonancia co desenvolvemento das novas tecnoloxías e a sostibilidade.
O Concello desenvolve programas dirixidos a garantir a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Lugo, establecendo políticas de igualdade e de prevención da violencia de xénero no noso concello.
Información, orientación e asesoramento en materia social. Tramitación de Risga, emerxencia social, axudas periódicas de prevención e apoio ás familias para a integración do menor, pensións non contributivas, prestacións de dependencia, e acceso aos programas e equipamentos dos servizos sociais de atención primaria.
Servizo específico integrado nos servizos sociais municipais, froito dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e o Concello de Lugo, dirixido a proporc
A colección fotográfica Delgado Guisasola foi adquirida polo Concello de Lugo o 8 de xuño de 1990 e posteriormente depositada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Na actualidade está custodiada nas dependencias do Arquivo Municipal de Lugo.
Colaboración con asociacións e instancias públicas e privadas relacionadas coa accesibilidade para a eliminación das barreiras no concello de Lugo, sentando as bases ás que se deberán axustar as intervencións urbanísticas e comerciais.
Información sobre todas as liñas regulares, servizos especiais, horarios e normas para usuarios.
- ‹ anterior
- 4 de 4