Plan de Emprego Municipal "Mellora Lugo"

O Concello de Lugo puxo en marcha en 2012 e 2013 dous programas de   SERVIZOS LOCAIS E FOMENTO DO EMPREGO, para cumprir cun triple obxectivo: 

  • Contribuír a permanencia de empresas locais no tecido empresarial de Lugo.
  • Fortalecer o mantemento de postos de traballo e a creación de novos empregos.
  • Levar a cabo actuacións de interese municipal.

Á vista dos bos resultados acadados en ambas edicións do SELFE, tanto dende o punto de vista dos traballos realizados polas empresas adxudicatarias, como pola xeración de emprego nesas empresas, e tendo en conta que o Concello de Lugo non dispón de recursos para a realización destes traballos é preciso licitar de novo as seguintes obras/servizos:

  1. Servizo de Medio Ambiente: Acondicionamento de zonas verdes.
  2. Servizo de Deportes: Mantemento e reparación de instalacións deportivas.
  3. Zona Rural.
  4. Servizo de Educación: Arranxo e reparación de colexios.
  5. Servizo de mantemento de pavimentación, mobiliario e sinalización da rede viaria municipal.

Para a licitación de cada un dos contratos propostos, terase en conta non só o contido das obras a realizar, os materiais e a maquinaria a empregar, senón tamén a creación e o mantemento de postos de traballo en empresas locais, para colaborar a paliar os efectos da crise económica no noso Concello de Lugo (respectando as condicións especiais de execución de CREACIÓN E MANTEMENTO DE EMPREGO).

O importe máximo de cada unha das licitacións é de 85.000 € (Impostos incluídos). O importe total do plan ascende a 425.000 €.

Xúntase unha táboa, na que se reflicte a denominación dos contratos que están en licitación e a medida que se vaian adxudicando os diferentes contratos (previsiblemente durante o mes de outubro), reflectiranse as empresas adxudicatarias dos diferentes contratos, así como os compromisos de emprego ofertados por cada unha delas. Esta táboa actualizarase a medida que se vaian coñecendo as propostas de adxudicación das diferentes obras, para que as persoas despregadas interesadas poidan contactar directamente con esas empresas, e interesarse polos postos de traballo que deben cubrir durante 6 meses. 

Nota Importante O Concello de Lugo, non participa na selección nin na remisión de candidatos/as, xa que son as empresas adxudicatarias as que realizan as contratacións, e, se é o caso, envían a oferta ao servizo público de emprego e seleccionan ás persoas candidatas, de acordo ao compromiso acadado no seu contrato co Concello de Lugo.

+ info

Plan de Emprego Municipal "Mellora Lugo": Táboa resumo de contratacións