Obradoiro TIC Arqueolóxico

O Obradoiro de Emprego “TIC Arqueolóxico”, queda configurado para 16 alumnas e alumnos, repartidos nos seguintes módulos (ambos con Certificado de Profesionalidade Nivel 3):

  • IMST0109- MÓDULO DE PRODUCIÓN FOTOGRÁFICA, para 8 alumnos/as
  • SSCB110 – MÓDULO DE DINAMIZACIÓN, PROGRAMACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS CULTURAIS, para 8 alumnos/as.

Este obradoiro de emprego terá unha duración de 9 meses e desenvolverase nunha única fase. O prazo previsto para dar inicio ás actuacións é o 29 de setembro de 2017 ata o 28 de xuño de 2018.