Tribunal Económico e Administrativo do Concello de Lugo (TEA)

Qué é o TEA do Concello de Lugo ?

O Tribunal Económico e Administrativo (TEA) é o órgano especializado na tramitación e na resolución das reclamacións económico-administrativas formuladas polas persoas lucenses contra as actuacións de aplicación dos tributos municipais e as imposicións de sancións tributarias que realicen os órganos competentes do Concello de Lugo, as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes del e os concesionarios de servizos públicos municipais.

Composición do TEA

O TEA de Lugo está constituido por tres membros designados polo Pleno do Concello, co voto favorable da maioría dos seus integrantes.

Presidente: don Emilio Justo Fernández Pita, licenciado en dereito e Xefe do Servizo de Xestión Tributaria, Recadación e Inspección da Deputación Provincial de Lugo.

Vogal: don Pedro Fernández Augusti, licenciado en ciencias económicas e empresariais, e Técnico no Servizo de Facenda Local do Concello de Lugo.

Secretaria: dona Ana Tabarés Martínez, licenciada en dereito e Técnica de Administración Xeral do Concello de Lugo Grupo A1 (rama xurídica).

Membro suplente: dona María Jesús López Vázquez, licenciada en Administración e Dirección de Empresas, e Técnica da Administración Xeral adscrita á Xefatura de Servizo de Servizos Sociais do Concello de Lugo.