Protección Civil

O Concello de Lugo ten artellado o Servizo de Protección Civil co obxecto de garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos potenciais ou actuais en situacións de emerxencia ou casos de catástrofe, infortunio ou calamidade pública ou grave risco dos mesmos, así como en todo tipo de emerxencias menores.

Esta responsabilidade desenvólvese poñendo en práctica as seguintes actuacións:

  • Prevención de situacións de emerxencia que podan afectar no fogar familiar, edificios para uso residencial ou privado, rueiros, barrios e distritos urbáns, así como o control de ditas situacións, con carácter previo á actuación dos servicios de protección civil ou en colaboración cos mesmos.
  • Facilitar a elaboración de instrumentos de análise e prevención de risgos que fagan posible unha maior e máis estreita participación dos cidadáns na administración da seguridade pública, articulando a súa colaboración a través da institución do voluntariado, actualizando así o valor ético superior da solidariedade e fomento, en definitiva, as relacións de boa veciñanza.
  • Vocación ancilar respecto dos servicios especializados de seguridade cidadá, salvamento e extinción de incendios, sanitarios, medioambientais, de atención social e calquera outra relacionado coa protección civil.
  • Organización de bibliotecas e fondos de comunicación de Protección Civil, especialmente en relación coa organización e funcionamento de voluntarios e outras modalidades de participación cidadá en actividades de Protección Civil.
  • O mantemento de relación de colaboración mutua con outras administracións públicas ou entidades privadas relacionadas con protección civil e a elaboración, edición e, no seu caso, promoción de publicacións periódicas e unitarias sobre temas de Protección Civil, especialmente as destinadas á formación de voluntarios e á divulgación de recomendacións á poboación sobre situacións de risgo ou emerxencia.

Directorio