- Tema
O Servizo de Bombeiros ten a súa sé no antigo Cuartel de Garabolos, nunha edificación completamente rehabilitada para acoller a un Corpo de Seguridade da importancia dos Bombeiros. As tarefas nas que prestan servizo os 365 días do ano os Bombeiros de Lugo son as seguintes:
- Extinción de incendios.
- Intervención e rescate de persoas en accidentes de circulación.
- Salvamento de persoas e animais en situación de risco.
- Fugas de gas.
- Achiques e inundacións.
- Desconexión de alarmas.
- Apertura de portas.
- Retirada de materiais e obxectos da vía pública.
- Apoio a outros servicios municipais.
- Subministro de auga.
- Comprobación de bocas de rega na vía pública.
- Actividades divulgativas a centros escolares.