O Concello de Lugo presenta a programación de teatro, maxia e danza para os últimos meses do ano, que inclúe nove funcións no Auditorio Municipal Gustavo Freire entre outubro e decembro.


A Concellaría de Deportes, Infancia e Xuventude do Concello de Lugo pon en marcha a súa programación de outono para a mocidade, que se desenvolverá na Casa da Xuventude entre o 19 de outubro e o 23 de decembro.

O San Froilán celebra este domingo, 11 de outubro, o Domingo das Mozas, unha das xornadas máis emblemáticas das festas, dedicada á exaltación do traxe galego, da cultura propia e da música tradicional.

O Mercado Medieval será unha das propostas da programación do San Froilán deste luns, 12 de outubro, cunha xornada que combinará música en directo, teatro de rúa, artesanía, obradoiros e espectáculos para todos os públicos.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu este sábado no Concello ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación da corporación municipal ferrolá, con motivo da celebración do Día de Ferrol no marco das festas do San Froilán.
Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá (11.30 a 14.00 h ) e de tarde (17.00 a 18.00 h) no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da musica tradic