Área de Economía, Participación, Servizos á Veciñanza e Benestar Animal

Actualidade

O Concello reforza a limpeza do cemiterio de San Froilán e amplía o seu horario de apertura polo Día de Todos os Santos
Xoves, 22 de outubro de 2026

O camposanto permanecerá aberto de xeito ininterrompido, de 9:00 a 19:00 horas, desde o domingo 25 de outubro ata o 2 de novembro, ambos os días incluídos.

Tamén hoxe se iniciou un operativo especial de limpeza que se prolongarará ata esa mesma data e inclúe traballos de desbroce, limpeza a presión e retirada de residuos.

O Cemiterio de San Froilán acollerá este domingo unha nova visita teatralizada coa Familia Pelúdez
Mércores, 07 de outubro de 2026

A actividade, a cargo do grupo de teatro Achádego, será ás 17:30 horas e terá entrada gratuíta, cun aforo máximo de 50 persoas