
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou as novas instalacións do grupo biotecnolóxico AMSlab nun encontro no que estivo acompañado polo seu CEO, Manuel Lolo, quen guiou o percorrido e presentou os principais proxectos e liñas estratéxicas da compañía.

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantivo un encontro coa nova directiva da asociación Dano Cerebral Lugo co obxectivo de "seguir mantendo o contacto co tecido asociativo de Lugo e coñecer de primeira man as necesidades que teñan", explicou o Tenente de Alcalde, que destacou

O Concello de Lugo levará este mércores á Xunta de Goberno Local a aprobación definitiva do expediente de expropiación dos terreos do antigo colexio do Sagrado Corazón, un paso clave para poñer o solo a disposición da Consellería de Sanidade e permitir que avance a const
O Goberno local de Lugo manterá un ano máis a súa colaboración coas unidades móbiles de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) nas parroquias do rural, co obxectivo de facilitar o acceso a este servizo esencial ás veciñas e veciños e evitar desprazamentos a outros puntos

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou Galegos onde vén de rematar o curso de cerámica organizado pola área de Participación do Concello en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá a toma de posesión dun funcionario de carreira, que se incorpora como Técnico Medio de Xestión á area de Persoal do Concello de Lugo.
O Concello de Lugo formalizou este venres a candidatura oficial da cidade para acoller a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública (AESAP), entregando no prazo establecido toda a documentación requirida polo Goberno do Estado.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, conseguiu esta mañá o respaldo unánime do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo para propoñer o Pazo de Feiras e Congresos como sede dentro da candidatura oficial da cidade para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

A Área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo xa ten todo preparado para o desenvolvemento dunha das actividades organizada por este área municipal nesta época do ano, como é a viaxe á neve, en concreto á estación invernal de Leitariegos, en León.

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou Santalla de Lamas onde vén de rematar o curso de cerámica organizado pola área de Participación do Concello en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.