Actualidade

Ex., 10-11-2026
Ex., 10-11-2026
Luns, 09 de novembro de 2026

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente e os pregos para contratar este servizo durante cinco anos. O control xa estaba previsto no contrato inicial, de agosto de 2022

Luns, 09 de novembro de 2026
O Concello de Lugo celebrará este venres, 13 de novembro,  no Fuxan os Ventos o acto institucional de nomeamento de Mariano Castiñeira Villaseca como Fillo Adoptivo

A homenaxe póstuma, aberta á participación de toda a cidadanía, recoñecerá a traxectoria e o legado dunha figura moi querida e respectada en Lugo.

 
Luns, 09 de novembro de 2026
O Concello licita a renovación do espazo público de Paradai para gañar zonas verdes, áreas de xogo e deporte e maior confort térmico

A actuación, cun investimento próximo aos 498.000 euros, permitirá incrementar a vexetación, crear novas zonas de sombra, renovar o parque infantil e incorporar unha pista multideporte.

Sábado, 07 de novembro de 2026
O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid (2026.11.07)

Por primeira vez, as entidades que fan posible este festa de interese turístico internacional serán as protagonistas da súa promoción nesta feira de turismo interior de España, cunha expedición de 16 asociacións e 173 participantes. A iniciativa foi acordada e traballada conxuntamente nunha reunión celebrada o pasado 8 de setembro.

Venres, 06 de novembro de 2026
O Concello convoca a comisión mixta para facer seguimento da renovación do saneamento de Fermín Rivera

A alcaldesa remitiu á Confederación Hidrográfica a carta de convocatoria para celebrar a reunión o 18 de novembro

Venres, 06 de novembro de 2026
O Concello convida os escolares de Lugo a escribir á Muralla polo 26 aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade

"Cartas á Muralla 2026" é unha iniciativa dirixida ao alumnado de 1.º a 6.º de Primaria que forma parte da programación conmemorativa do 30 de novembro e busca fomentar a expresión escrita en galego e o coñecemento do patrimonio lucense.

Xoves, 05 de novembro de 2026
A alcaldesa coñece os programas da Asociación Antonio Gandoy de apoio á crianza e á educación infantil

A entidade, continuadora de Preescolar na Casa, acompaña cada semana arredor de 70 familias con iniciativas de orientación e encontro que apoian as familias e contribúen á conciliación.

Páxinas