- Tema
Luns, 23 de novembro de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

Unha vez aplicadas hoxe as medidas de tráfico previstas (adxuntamos fotos de este mediodía), o Concello informa de que mañá, martes, entre as 10:00 e as 12:00 horas, os servizos municipais procederán ao peche de varias chaves da rede de abastecemento na contorna da avenida da Coruña.
Esta intervención é necesaria para preparar os traballos previstos para o mércores e permitirá limitar, na medida do posible, o número de rúas afectadas polo corte de auga.
Lembramos que o mércores o corte do subministro que afectará a Avenida da Coruña e a súa contorna comezará ás 8:00 horas e poderá prolongarse durante un máximo estimado de 12 horas, polo que se recomenda á veciñanza das zonas afectadas que tome as precaucións necesarias.
O Concello agradece a comprensión e colaboración da cidadanía ante estas actuacións.


