Obxectivos
- Lograr un maior dinamismo e modernización do comercio
- Erixirse en foro de debate plural e eficaz
- Espazo consultivo e de coordinación local co obxectivo de consensuar as políticas municipais para a promoción da actividade comercial de Lugo
Funcións
Órgano consultivo do Concello de Lugo nas seguintes materias:
- Remodelación e reforma de rúas e instalacións de uso comunitario
- Mobilidade: aparcadoiros, accesibilidade, plans de tráfico e ordenación urbana; sistema ORA
- Actuacións en zonas peonís: proxectos de creación, modificación e mellora das rúas e zonas peonís-comerciais
- Amoblamento urbano, sinalizacións, rotulación comercial, iluminación
- Formación de empresarias e empresarios e persoal traballador
- Campañas de promoción, estudos sobre a situación do comercio, plans de dinamización
- Programas relacionados con novas tecnoloxías e I+D+i
- Proxectos de reforma de fachadas de comercios
- Venda ambulante; instalación de terrazas
- Propoñerlle ao Concello cantas medidas, iniciativas e propostas considere conveniente para o desenvolvemento e mellora do sector
Composición
Presidenta Alcaldesa de Lugo
Vogais
- Presidente/a da Federación de Comercio
- Presidente/a da Asociación de Hostaleiros
- Director/a Xeral de Comercio
- Concelleiro/a de Economía e Emprego
- Concelleiro/a de Servizos Xerais
- Concelleiro/a de Cultura e Turismo
- Concelleiro/a de Infraestruturas
- Representantes das asociacións de zonas (cando se tratan asuntos que lles afecten directamente)
Secretario/a
- Técnico/a municipal