Accesibilidade

O sitio web do Concello de Lugo desenvólvese atendendo as pautas da Web Accesibility Iniciative (WAI), entidade creada polo Consorcio da WWW (W3C) para informar, investigar e fomenta-lo traballo na accesibilidade web. O compromiso do Concello de Lugo é acadar de xeito permanente na totalidade dos contidos do portal o nivel triple "A" establecido pola WAI, o máis esixente en canto ás medidas de accesibilidade.

O carácter dinámico desta web e o seu volume de información obrigan a unha revisión permanente do cumprimento destas pautas, traballo que se realiza de xeito manual e mediante o uso do Test de Accesibilidade Web TAW.

Non obstante, a información dos usuarios que atopen atrancos ou que consideren interesante facer algunha suxestión é moi importante para mellorar o servicio público do Concello de Lugo.

Concello de Lugo

CIF P-2702800-J
Pza. Maior, s/n
27001 LUGO
982 297 100
info@concellodelugo.org