Área de Mobilidade e Infraestruturas
Actualidade

Os traballos continúan co derrubamento do túnel e o inicio da montaxe da estrutura que dará forma á nova plataforma.
Arroxo: “Avanzamos nun proxecto que eliminará un dos puntos de maior deterioro urbano da cidade, creando unha contorna máis amable, accesible e integrada co Camiño Primitivo e coa Muralla”.

Maite Ferreiro anunciou a colaboración da área de Cultura coa Federación Galega de Sociedades de Profesorado de Matemáticas.
Ferreiro: “Na mañá do domingo 15, a Praza Maior encherase de actividades relacionadas coas matemáticas enfocadas de xeito lúdico e festivo”.

O Concello decidiu canalizar estas intervencións a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais AGADER 2026-2027, optimizando así os recursos dispoñibles e asegurando financiamento para actuacións prioritarias.
As obras permitirán reforzar o firme, mellorar a drenaxe e garantir unha circulación máis segura, facilitando os desprazamentos diarios da veciñanza e o acceso a explotacións agrogandeiras e vivendas.
O noso rural ten as súas necesidades particulares e a renovación dos accesos aos nucleos é unha delas, porque falamos de servizos básicos, de seguridade e de igualdade de oportunidades. Investir nos camiños é investir en cohesión territorial e en xustiza para as nosas parroquias”, subliñou.

O alcalde percorreu as instalacións acompañado polo CEO de AMSlab, Manuel Lolo, así como por representantes das empresas partícipes de Lugo Transforma e da xestora do fondo.
A compañía, que deu os seus primeiros pasos no CEI Nodus, supera as 30 persoas empregadas e mantén un crecemento anual superior ao 20%.
“En Lugo temos empresas capaces de competir a nivel internacional, atraer talento e desenvolver solucións punteiras que melloran a saúde e a calidade de vida das persoas”, destacou o rexedor.