A través da Escola Municipal de Música o Concello de Lugo puxo no ano 2012 un novo servizo para toda a cidadanía de Lugo. Era unha vella demanda, pois Lugo era a única cidade galega que non contaba cunha escola municipal de música, un servizo que hai mesmo en moitas vilas máis pequenas. A súa creación é un compromiso feito realidade e cun único obxectivo: popularizar a música e a cultura.
A través desta iniciativa queremos que a música chegue a toda a cidadanía, sen distinción de idade ou de clase social, por medio dun servizo cen por cen público, porque en época de crise hai que seguir apostando polo público. Pasados mais de 5 anos dende a súa creación a Escola Municipal de Música do Concello de Lugo conta cunha presenza e nome na cidade que non fai mais ca reflectir o bo e entregado traballo do seu profesorado e do involucrado e numeroso alumnado, mais de 700 alumnos e alumnas.
A nosa escola de música créase coa finalidade de formar aficionados/as e tamén orientar en materias que outros centros da cidade non imparten. Posibilita unha organización flexible e adáptase as condicións e necesidades da cidade de Lugo. Permite o acceso a música as persoas de todas as idades con independencia da súa formación e ten un cáracter eminentemente práctico dende pronta idade. As clases están pensadas tanto para nenos e nenas que se inician na música como para persoas adultas que queren aprender a tocar algún instrumento. Poderás escoller entre un amplo abano que vai dende os instrumentos de vento á percusión e complementar a túa formación con clases de apoio. A nosa escola oferta un horario flexible e unha ensinanza integradora que fan posible que todo o mundo atope o seu oco.
A Escola Municipal de Música de Lugo tamén ofrece a experiencia do seu profesorado á cidadanía, profesorado que forma parte dunha agrupación profesional como é a Banda Municipal de Música de Lugo, formación xa histórica na nosa cidade, un conxunto con preto de 150 anos de vida dende o ano 1869 e municipalizada por Xan Montes en 1876. Queremos aproveitar todo ese potencial e esa bagaxe na escola de música, por iso tamén está situada no Centro Social Uxío Novoneyra, onde xa ten o seu local de ensaio a Banda Municipal de Música.
Con todo, a nosa escola é un centro formativo, regulado polas administracións que teñen competencia educativa, de ensinanzas non conducentes a titulación e de difusión cultural de calado na vida da cidade que debe estar en pleno contacto coa actividade da Banda Municipal de Música. Os músicos/as da propia Banda de Música lideraran os grupos e a docencia da Escola polo seu coñecemento de repertorio, traballos, experiencia, diversidade de estilos musicais e capacidade de motivación e de xestión de grupos. As actividades da Escola tamén teñen en conta e colaboraran na medida do posible con institucións públicas ou privadas relacionadas coa cultura e a educación, como é o caso dos seus “Concertos Didácticos” que se achegan todos os anos aos centros educativos da cidade e da provincia de Lugo dende a creación da nosa Escola Municipal de Música de Lugo.
A música e o resto das artes en xeral, contribúen ao desenvolvemento intelectual, artistico-estético e social das persoas, a música é unha fonte de acceso ao saber, estimula o descubrimento, a curiosidade tanto propia como allea, e favorece a expresión completa da personalidade. En todo este proceso involúcranse activamente; a expresión corporal psicomotriz, a percepción sensorial, a empatía, e os diversos tipos de intelixencia. Coa música, as redes interpersoais aliméntanse a través do respecto, e como consecuencia da práctica grupal, aumentan as posibilidades de expandir as redes interpersoais e polo cal de explorar os campos pretos á felicidade.
ANO 2022-2023
Publicación dos Listados da Escola de Música | Elección de horarios
- Calendario de Elección de Horarios - Formación Básica | Descargar pdf
- Calendario de Elección de Horarios - Linguaxe musical | Descargar pdf
- Calendario de Elección de Horarios - Música e movemento | Descargar pdf
- Calendario de Elección de Horarios de Instrumentos | Descargar pdf
Publicación das Bases do Banco de Instrumentos | Escola de Música 2022-2023
- Decreto "Aprobacion das Bases do Banco de Instrumentos da Escola de Música 2022-2023" | Descargar pdf
SECRETARÍA
- Curso 2018-2019
- Solicitude matrícula | Descargar pdf
- Ordenanzas de tributos e prezos públicos | Descargar pdf
- Bases que rexirán o proceso de matriculación | Descargar pdf
- RECTIFICACIÓN das Bases que rexirán o proceso de matriculación | Descargar pdf
- Anos de nacemento do curso | Descargar pdf
- Impresos
- Modelo para tramitación de altas e baixas | Descargar pdf
- Modelo de autorización imaxe menores | Descargar pdf
- Modelo de autorización imaxe persoas adultas | Descargar pdf
- Modelo de autorización desprazamento alumnado | Descargar pdf
- Modelo de autorización saída alumnado | Descargar pdf
- Normas recollida do alumnado | Descargar pdf
- Folla de préstamos instrumental alumnado | Descargar pdf
- Folla de solicitude reunión titorías | Descargar pdf
- Folla de xustificación de faltas | Descargar pdf
- Horarios
- Horario agrupacións 2018-2019 | Descargar pdf
- Horario linguaxes 2018-2019 | Descargar pdf
- Horario MeMOV e F.B 2018-2019 | Descargar pdf
- Horario secretaria | Descargar pdf
- Horario de formación adultos 2018-2019 | Descargar pdf
- Horario de instrumentos 2018-2019 | Descargar pdf
- Calendario
- Calendario escola 2018-2019 | Descargar pdf
- Banco Instrumentos
- Modelo para a devolución do préstamo de instrumento | Descargar pdf
- Modelo para a doazón de fondos musicais | Descargar pdf
- Modelo de solicitude prestamo instrumental | Descargar pdf
- Modelo para a aceptación do préstamo de instrumento | Descargar pdf
- Informe proposta para a creación | Descargar pdf
- Modelo de solicitude prestamo instrumental (impreso) | Descargar pdf
PLAN DE ESTUDOS
- Faga clic aquí para ver o plan de estudos.
PERSOAL E PROFESORADO
- Faga clic aquí para ver o persoal e profesorado.
ACTUALIDADE
- Consulta toda a actualidade no noso Facebook: http://www.facebook.com/esmulugo
CONTACTO
- Teléfono secretaría
- Dende móvil
- 982 297 100 ext 7834
- 630 306 169 7800
- 630 306 169 7834
- Dende fixo
- 982 297 100 ext 7834
- Contactar a escolamunicipaldemusica@concellodelugo.org
- Ubicación
- Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, Quiroga Ballesteros, 1 A, 27001 Lugo | Ver mapa
- Asociación de usuarios
- Facebook: https://www.facebook.com/auesmu
- Email: asoc.usuariosesmulugo@gmail.com
MULTIMEDIA
- Disco da escola
- Faga clic aquí para ver o 1º disco da escola.
- Vídeos de Youtube
- Concerto Didáctico "Fantasía" | Ver vídeo
- Concerto Didáctico 18/07/2012 | Ver vídeo
- Concerto Express da Big Band | Ver vídeo
- Grupo Didáctico de Pito Pastoril | Ver vídeo
- "Xa fun a Marín" Grupo Tradicional | Ver vídeo
- "Ata o mandil" Grupo de pandeiretas | Ver vídeo
- Actuación do grupo de frautas | Ver vídeo
- "Lugo Ten Música", Coro Moderno e Big Band | Ver vídeo
- Grupo de Clarinetes | Ver vídeo