- Tema
O Concello de Lugo colabora con Foro de Formación e Edicións, S.L. na difusión e captación de alumnado para o Plan de Formación en Economía Social 2025, subvencionado con fondos públicos.
Trátase de cursos gratuítos, dirixidos tanto a persoas traballadoras como a persoas desempregadas, co obxectivo de facilitar o acceso a unha formación especializada e útil para a cidadanía.

