Aulas Abertas

Aulas Abertas VERÁN 2023

Estas Aulas teñen a finalidade de facilitar a conciliación familiar durante os meses de verán para favorecer así a integración sociocomunitaria de todas as familias.

Están destinadas a nenas e nenos empadroados no Concello de Lugo nados entre os anos 2012 e 2019, debendo en todo caso ter os 4 anos cumpridos ou 11 anos como máximo na data de inicio da actividade solicitada. 

As Aulas Abertas ofertan un total de 480 prazas distribuídas por centro e quenda da seguinte maneira:

  • CC. FINGOI: 20 prazas/quenda
  • CC. LAMAS DE PRADO: 20 p/q
  • CC. PACO MARTÍN: 20 p/q
  • CC. MARUJA MALLO: 20 p/q
  • CC. MILAGROSA: 20 p/q
  • CC. UXÍO NOVONEYRA: 20 p/q

Inscrición

A presentación de solicitudes realizarase entre os días 12 e 16 de xuño de 2023, ambos incluídos, nos centros da Milagrosa, Lamas de Prado, Uxío Novoneyra e Maruja Mallo, no horario comprendido entre as 09:00 e as 13:00 horas.

As solicitudes deberán ser asinadas pola nai, pai titor legal do menor e presentarase no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As prazas adxudicaranse por sorteo informático público, que se celebrará o día 20 de xuño, coa excepción das derivacións efectuadas polas técnicas dos servizos sociais comunitarios do Concello.

Os listados de persoas admitidas provisionais sairán publicadas o día 20 de xuño.

Unha vez comprobada a admisión, formalizarase o pago da cota entre os días 20, 21, 22 e 23 de xuño  e presentarase o xustificante de pago no centro de convivencia como máximo o día 26 de xuño.

As listas de admitidos definitiva publicaranse o 28 de xuño.

Máis info