Programa de intervención familiar (PIF)

En que consiste?

Consiste nun conxunto de actuacións dirixidas á procura do benestar do núcleo familiar, mediante a mellora do seu papel como axente socializador e educativo e o apoio ante situacións de dificultade, favorecendo a súa autonomía persoal, familiar e convivencial.

A quen vai dirixido?

Ás familias do termo municipal de Lugo que se atopen en situación de maior vulnerabilidade ou dificultade, provocadas por diversos acontecementos externos e do propio ciclo evolutivo familiar.

Que actuacións comprende o programa?

Podémolas agrupar en dúas seccións:

1. Intervención a nivel individual-familiar: 

Intervencións técnicas en diferentes áreas segundo a problemática familiar (educativa, escolar, relacional...) de acordo cun proxecto global de intervención.

2. Intervención a nivel grupal e comunitario: 

  • Encontros con grupos de pais e nais

Obxectivo: Compartir experiencias vividas na familia e proporcionarlles ás familias información, destrezas e recursos como pais e nais, así como formación sobre o desenvolvemento dos fillos.

Periodicidade das reunións: dúas reunións ao mes

  • Encontros con grupos de mozos e mozas

Obxectivos: adquisición de condutas de interacción para unha resolución positiva de conflitos, favorecer a expresión de sentimentos, emocións, afecto e opinións, previr e evitar relacións negativas.

Periodicidade: unha tarde á semana.

  • Divírtete en familia

Consiste na organización de experiencias de ocio familiar entre pais, nais, fillos e fillas, mediante saídas de fin de semana a lugares de interese.

Que profesionais interveñen no programa e como podo acceder a el?

Interveñen fundamentalmente traballadores e educadores sociais dos centros sociais municipais. O acceso farase por derivación dos servizos sociais de atención primaria previo o correspondente estudo e valoración da situación.