Plan de Igualdade

A desigualdade por razón de sexo responde a problemas estructurais que afectan a toda a sociedade; por iso, os esforzos das administracións públicas para a consecución da igualdade real son fundamentais. Neste sentido, o Concello de Lugo mostrou o seu compromiso para dita consecución desde 2005, cando elaborou o seu primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades dirixido á cidadanía. Este, xunto aos dous plans sucesivos, contribuíron  a mellorar a igualdade de oportunidades no noso municipio.

Para a consecución do obxectivo xeral de integrar a perspectiva de xénero e o desenvolvemento da igualdade de oportunidades nas políticas, actuacións e servizos do Concello de Lugo, establécense os seguintes eixes de actuación:

EIXO 1. Transversalización da perspectiva de xénero na Administración.

EIXO 2. Promoción do asociacionismo e a participación das mulleres.

EIXO 3. Sensibilización en materia de igualdade de oportunidades.

EIXO 4. Violencia de xénero, trata, explotación sexual e todas as formas de violencia machista, incluída a violencia sexual.

EIXO 5. Educación.

EIXO 6. Emprego.

EIXO 7. Conciliación e corresponsabilidade.

EIXO 8. Cultura e deportes.

EIXO 9. Saúde, urbanismo, mobilidade e vivenda.

Inclúe 28 obxectivos específicos e 68 medidas para o seu cumprimento, que se describirán ao longo do documento do Plan de Igualdade. Así mesmo, cada unha destas medidas incorpora instruccións para a súa implantación, seguimento e avaliación -a través dunha serie de indicadores deseñados para ese efecto-, e o nivel prioridade de cumprimento de cada medida. A transversalidade será a clave na implementación destas medidas.