- Tema
O Concello de Lugo, sensibilizado coa protección dos dereitos da infancia e da adolescencia, aprobou o I Plan integral municipal de infancia e adolescencia para os anos 2011- 2015. Neste plan recóllense todos os programas e actuacións que se están desenvolvendo dende as distintas áreas municipais e, dende este punto de partida, establécense distintos obxectivos e accións para desenvolver nas 8 áreas que ten o plan.
Este plan está fundamentado nos principios de interés superior do menor, transversalidade, igualdade de oportunidades, integración e o principio de participación. Pártese da necesidade de promover espazos de participación para que a súa voz sexa oída no ámbito do público e que as súas decisións sexan respetadas e a súa opinión tida en conta á hora de programar accións futuras.
Os menores teñen dereito a asumir un papel activo e protagonista no seu entorno, debendo ofrecerlles a oportunidade de participación na sociedade.
![]() |
É por isto polo que poñemos en funcionamento o Buzón da Infancia, onde recoller propostas e suxestións dos menores. |
En definitiva trátase de conseguir que os nenos, nenas e adolescentes lucenses vexan cumpridos no seu municipio todos os dereitos recollidos na Convención de Dereitos dos Nenos e nas normas nacionais e, intentar deseñar unha cidade amiga da infancia donde as súas opinións sexan tidas en conta á hora de programar futuras accións.