Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Plan Integral Municipal da Infancia e Adolescencia 2011-15

Plan Integral Municipal da Infancia e Adolescencia 2011-15

  • Tema
    • Servizos sociais

O Concello de Lugo, sensibilizado coa protección dos dereitos da infancia e da adolescencia, aprobou o I Plan integral municipal de infancia e adolescencia para os anos 2011- 2015. Neste plan recóllense todos os programas e actuacións que se están desenvolvendo dende as distintas áreas municipais e, dende este punto de partida, establécense distintos obxectivos e accións para desenvolver nas 8 áreas que ten o plan. 

Este plan está fundamentado nos principios de interés superior do menor, transversalidade, igualdade de oportunidades, integración e o principio de participación. Pártese da necesidade de promover espazos de participación para que a súa voz sexa oída no ámbito do público e que as súas decisións sexan respetadas e a súa opinión tida en conta á hora de programar accións futuras.

Os menores teñen dereito a asumir un papel activo e protagonista no seu entorno, debendo ofrecerlles a oportunidade de participación na sociedade.

Buzón da infancia [1] É por isto polo que poñemos en funcionamento o Buzón da Infancia [1], onde recoller propostas e suxestións dos menores.

En definitiva trátase de conseguir que os nenos, nenas e adolescentes lucenses vexan cumpridos no seu municipio todos os dereitos recollidos na Convención de Dereitos dos Nenos e nas normas nacionais e, intentar deseñar unha cidade amiga da infancia donde as súas opinións sexan tidas en conta á hora de programar futuras accións. 

+ info

Plan Integral Municipal da Infancia e Adolescencia 2011-2015
1003.12 KB
Plan de Infancia e Adolescencia 2011-15
55.24 KB
Áreas, obxectivos e accións

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/plan-integral-municipal-da-infancia-e-adolescencia-2011-15

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/form/buzon-da-infancia