Gabinete Municipal de Accesibilidade

O Concello de Lugo recibíu en 2007 o Premio Reina Sofía de accesibilidade universal, correspondente a concellos de entre 10.001 e 100.000 habitantes. Este galardón veu recoñecer o esforzo que no conxunto da cidade se fixo por adaptar os espazos públicos a tódalas persoas que viven ou visitan o concello.

A colaboración coas asociacións e coas instancias relacionadas coa accesibilidade, como outras administracións, colectivos profesionais e cidadáns, está a ser un elemento decisivo na eliminación das barreiras. Esta colaboración artéllase a través do Gabinete Municipal de Accesibilidade, que non só permitíu actuar con eficacia para abrir a cidade a tódolos cidadáns, senón que senta as bases ás que se deberán axustar as intervencións urbanísticas e comerciais tanto no centro histórico da cidade como no conxunto do municipio.

Algunhas das actuacións realizadas polo Concello, en colaboración coa asociación Auxilia e a ONCE son as seguintes:

  • Obras nas beirarrúas e espazos públicos por importe de más de 1 millón de euros.
  • Edición da Guía de Accesibilidade
  • Publicación dunha Guía de Turismo Accesible de Lugo
  • Publicación en Braille da Guía de Autobuses Urbáns e do programa de festas patronais

Ligazóns

  • Portal Lugo accesible cunha guía de accesibilidade da cidade e con información de Lugo como destino turístico accesible
  • Portal Cres que o teu local é accesible? no que se pretende concienciar e informar sobre a accesibilidade na cidade

Trámites

Este portal dispón dun apartado específico para trámites. Desde aquí pode enlazar directamente á algúns deles para ampliar información:

Vídeo