Solicitude de intérprete de signos

O Concello de Lugo ofrece un servizo de intérprete de linguaxe de signos como acompañante para persoas xordas. Este intérprete acompañará ás persoas xordas que así o soliciten naqueles trámites que se realicen no Concello e tamén para realizar outro tipo de xestións burocráticas con outras institucións (Xunta, Sergas, Facenda, etc...).

Pode solicitar este servizo, totalmente gratuíto, no teléfono de información municipal 010 (982 297 350 se chama dende fóra do territorio municipal), no fax 982 297 349, mandando un SMS ao número 639 107 010, ou enviado o seguinte formulario:

LOPD
O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen a través de lugo.gal, lugo.es e concellodelugo.es realízase de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa aplicable. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 - Lugo.