Lugo Verde, nas túas mans

Que é a aplicación ‘LUGO VERDE, NAS TÚAS MANS’?

É unha ferramenta que pon a disposición da veciñanza o executivo da alcaldesa Lara Méndez a través do servizo Luce Lugo, que substitúe a Liña Verde, e que permitirá facer chegar ao Concello de Lugo, de maneira máis directa e eficaz, solicitudes en cuestión de limpeza da cidade, recollida de lixo sumidoiros, parques e xardíns ou puntos de auga, entre outras, así como outras incidencias que se detecten para poder atendelas.

É moi fácil utilizala! Segue estes pasos:

  1. Procura BitPAYT na app store no teu móbil (xa sexa Android, Ipad ou Web)
  2. Descárgaa
  3. Rexístrate e xa terás a túa conta propia
  4. Consulta toda a información sobre reciclaxe, comunica incidencias e moito máis!

Servizo Luce Lugo

Contacta:

  • Oficina de información de EcoLugo: Rúa Clérigos 7, baixo
  • Teléfono: 900909671

Punto Limpo

  • Rúa dos Carros, s/n Polígono Industrial do Ceao. 27003 Lugo , Lugo
  • Horarios: Luns a sábado. De 9.00 a 21.00 horas
  • Teléfonos: 982042008 | 900909671