Área de Zona Rural
Actualidade

O polideportivo de O Palomar abrirá este domingo, 15 de novembro, en horario de tarde, acollendo competicións oficiais de fútbol sala e baloncesto

A actuación responde á demanda dos clubs Petanca Lugo e Petanca Muralla, así como de particulares que utilizan estas instalacións e solicitan espazos cubertos para practicar este deporte durante todo o ano.

O concelleiro de Deportes, Damián Carballo, participou na presentación da primeira xornada de fútbol a pé (walking football) en Lugo, acompañado por Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Manuel Castro «Vilachá», delegado da Real Federación Galega de Fútbol en Lugo; José Ángel Castro, presidente da AD Legado San Roque FAP, e Iván Pico, adestrador e psicólogo da entidade.

A alcaldesa interesouse pola traxectoria deste mozo lucense e polo traballo que desenvolve desde a Asociación Más Debate, con sede en Lugo, para achegar a oratoria e o pensamento crítico ás novas xeracións e desexoulle sorte para o campionato de España que se celebrará esta semana en Oviedo