- Tema
O Concello de Lugo dispón dunha rede de telecentros que garanten o acceso público e gratuíto á internet no medio rural.
A rede persegue un obxectivo primordial: achegar as novas tecnoloxías da información e da comunicación aos ciudadáns das zonas rurais do concello. Para isto conta na actualidade cun total de 21 telecentros e unha aula multimedia, todos eles perfectamente equipados, conectados por banda longa, e dispostos para a oferta de diferentes servizos.