Existen dúas Casas das Linguas no concello de Lugo, unha na Piringalla e outra en Aceña de Olga.
A Biblioteca Municipal atópase no interior do Parque da Milagrosa, fronte ao Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Dende a Concellaría de Cultura realízase a xestión da rede municipal de museos, integrada na actualidade por un total de 6 centros expositivos de difrente índole.
No Servizo de Turismo temos como obxecto xestionar o turismo no Concello, así como impulsar a mellora dos servizos turísticos e a implicación dos axentes locais nunha cultura de calidade, colaborando na reflexión estratéxica de Lugo como destino turístico.
A través da Oficina de Información Xuvenil (OIX) préstanse servizos de información e asesoramento á xuventude do concello sobre aqueles temas relacionados con diferentes ámbitos do seu interese.
Con máis de 140 anos de historia, a Banda Municipal de Música de Lugo e as súas músicas está patente en todos os currunchos da cidade de Lugo.
A colección fotográfica Delgado Guisasola foi adquirida polo Concello de Lugo o 8 de xuño de 1990 e posteriormente depositada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Na actualidade está custodiada nas dependencias do Arquivo Municipal de Lugo.