Turismo de Lugo

No Servizo de Turismo temos como obxecto xestionar o turismo no Concello, así como impulsar a mellora dos servizos turísticos e a implicación dos axentes locais nunha cultura de calidade, colaborando na reflexión estratéxica de Lugo como destino turístico.

Estamos a traballar na prestación de servizos de información e asesoramento sobre a oferta turística, no fomento do atractivo turístico de Lugo para posicionalo no mercado turístico e na mellora dos mecanismos de xestión do turismo.

Que servizos prestamos?

  • Recepción e acollida de visitantes e información sobre a oferta turística.
  • Accións de promoción.
  • Distribución de material promocional.
  • Venda de entradas a servizos turísticos e a eventos.
  • Venda de publicacións e merchandising.
  • Elaboración de itinerarios á carta pola cidade para colectivos.
  • Recollida de queixas e suxestións.
  • Elaboración de estatísticas de turismo.
  • Visitas guiadas a grupos nos propios museos.
  • Visitas teatralizadas pola cidade
  • Xestión do portal de información www.lugocultural.com
  • Rutas audioguiadas en mp3, para visitar a muralla e o centro histórico.
  • Cooperación co sector turístico do concello
  • Mellorar a accesibilidade do turista aos servizos de información da cidade
  • Comunicación e contratación de servizos turísticos

Cales son os nosos compromisos?

  • O incremento dos fluxos turísticos ao municipio e reforzo do turismo cualitativo
  • Desestacionalizar e prolongar a estadía media
  • Mellora e desenvolvemento de produtos turísticos (gastronomia, turismo cultural,etc.) Facer unha oferta diferenciada que mellore e amplíe a oferta actual con contidos que inviten a prolongar a estadía media
  • Mellorar a atención ao visitante
  • Mellora da calidade dos servizos turisticos
  • Sensibilización social e empresarial do turismo como industria
  • Impulsar estruturas de xestión que articulen aos diferentes axentes implicados
  • Crear imaxe de destino turístico
  • Adecuada comunicación e promoción turística

Seguimento dos compromisos

  • Número de reunións periódicas cos actores interesados.
  • Auditorías internas.
  • Inversións en promoción
  • Número de material promocional distribuído
  • Porcentaxe de satisfacción dos usuarios sobre os servizos turísticos
  • Porcentaxe de turistas que recomendan a visita

Enlaces de interese

App Lugo Turismo>>

Rutas Gastronómicas>>

Rutas turísticas>>

Directorio