Programa "Aprende Xogando"

“Aprende Xogando” é un programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, que beneficia tanto ás e aos menores como á unidade de convivencia no seu conxunto, apoiando de xeito especial as mulleres no seu proceso de participación sociolaboral, fomentando a igualdade entre persoas, o respeto e a non violencia.

As solicitudes efectuaranse na Sede Electrónica do Concello de Lugo conforme ao procedemento S015 do catálogo de procedementos (https://lugo.gal), ou no Rexistro municipal segundo o modelo oficial de solicitude establecido (Modelo 700) ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • Preme aquí para acceder o modelo de taxas

*NOTA: A letra que determinará o acceso a praza  no suposto que se produzca un empate nas prioridades de acceso é a D (no curso 2025/2026).

Directorio