A concellería de Muller, Igualdade e Inclusión Social esta moi satisfeita dos actos e as campañas propostas para o Orgullo deste ano, no que ten por certo que non se trata soamente de festexar, senón tamén de manter as reivindicacións pola consecución dunha igualdade real e a erradicación definitiva da discriminación. A campaña de “Lugo sen Armarios” instálase xa na tradición destas datas e renova as historias para contar.
Dentro deste mesmo criterio, o “Lugo sen armarios” completase cunha cita histórica, como histórica é a loita que leva facendo o colectivo. Repensar o patrimonio lucense é imprescindible para manter o vinculo da sociedade cos monumentos. Desta maneira chegouse a prantexar, de forma inovadora, que a Muralla se converta nun armario xigante. As portas que en certos puntos da historia da cidade serviron para distinguir e para controlar, agora serven para unir e liberar baixo lemas e frases que atende a ese sentimento compartido. Cada porta e lugar simbólico da Muralla será obxecto destas mensaxes.
Por outra banda, este ano contase cun coloquio no que diferentes membros do colectivo falaron sobre as súas experiencias sobre a Homofobia, Bifobia e Transfobia sendo o día 27/06/2025. Convidase a xente a participar nesta proveitosa experiencia que ten por finalidade aprender das experiencias de odio e saber xestionar estas situacións, aínda que sexa dificil.
Xa para rematar e como non pode ser doutra maneira, o 28/06/2025 haberá música para festexar o propio día do Orgullo, con actuacións en directo e unha entorna favorable e inclusiva.

