Programa de Animación Sociocultural 2025/2026

CONDICIÓNS XERAIS

CALENDARIO

  • Duración da programación: do 27 de outubro de 2025 ao 29 de maio de 2026 (ambos os dous incluídos).
  • Períodos de vacacións: Nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro), Entroido (16 e 17 de febreiro) e Semana Santa (do 30 de marzo ao 3 de abril).

PERSOAS DESTINATARIAS: persoas empadroadas no Concello de Lugo.

RESERVA DE PRAZAS: 20% (máximo) para persoas con diversidade funcional e outros colectivos, segundo o criterio profesional da técnica responsable de Animación Sociocultural e tras a derivación da profesional dos servizos sociais municipais comunitarios que corresponda.

INSCRICIÓN

  • Prazo: DO 15 AO 19 DE SETEMBRO DE 2025
  • Presentación de solicitudes: de maneira presencial nos centros de convivencia municipais en horario de mañá, das 09.00 ás 13.00 horas, ou a través do Rexistro electrónico do Concello.
  • Requisitos:
  • a) Persoas adultas: número do NIF/NIE/pasaporte.
  • b) Nenas e nenos: data de nacemento e número do NIF/NIE/pasaporte da nai/pai/titora ou titor legal.
  • Limitación de solicitudes:
  1. Só é posible presentar TRES solicitudes por persoa e centro, como máximo.
  2. Obradoiros psicofísicos: máximo UNHA solicitude por centro e ata un máximo de tres centros.
  3. Non se admitirán solicitudes en obradoiros similares e/ou do mesmo contido no mesmo e/ou en varios centros.
  4. Nos obradoiros de nenas e nenos non hai límite de solicitudes.
  • Adxudicación das prazas: por sorteo informático público, que terá lugar o día 24 de setembro ás 11.00 horas. Comezará por orde ascendente polos centros con menor número de solicitudes globais.

Nos obradoiros psicofísicos, o feito de obter praza nun deles supón a exclusión no sorteo dos demais obradoiros deste grupo.

LISTAS PROVISIONAIS:

  • Listaxes de persoas admitidas: nos taboleiros dos centros dende o día seguinte ao do sorteo.
  • Listaxes de reserva: consultarase na conserxería dos centros. Terán un número de prazas equivalente ao 50% do total das dispoñibles para cada obradoiro.
  • Pagamento da cota: as persoas que obteñan praza deberán:
  1. Cubrir o modelo 603 de autoliquidación (dispoñible nos centros de convivencia ou na páxina web: www.concellodelugo.gal) e efectuar o ingreso da cota correspondente entre os días 25 de setembro e o 3 de outubro de 2025 nas entidades Abanca, BBVA, Caixa Rural, Banco Sabadell ou La Caixa (indistintamente).
  2. Achegar o xustificante de pagamento ao centro de convivencia que corresponda, como máximo, ata o día 8 de outubro. De non o facer así, producirase a baixa no proceso de inscrición.

LISTAS DEFINITIVAS:

  • Publicación: o 14 de outubro nos taboleiros dos centros.
  • 2º prazo de ingreso: o 15 e 16 de outubro.
  • Prazo de entrega do resgardo de pagamento e de comunicación de renuncia á praza no caso de actividades sen cota: 16 de outubro.
  • Vixencia das listaxes de reserva: ata o 28 de novembro. Esgotada a lista de reserva, as vacantes que se produzan cubriranse a medida que se reciban novas solicitudes. As persoas que se incorporen a un obradoiro de pagamento unha vez iniciado este aboarán a cota que lles corresponda en función das horas que resten ata a súa finalización.
  • Asistencia: aquelas persoas que acumulen o 25% de faltas de asistencia (calculadas sobre o número de horas totais ou, se é o caso, proporcionais do obradoiro correspondente) causarán baixa na actividade, salvo criterio profesional motivado da técnica ou técnico responsable de animación sociocultural do centro de que se trate.

Non obstante, poderá requirirse a xustificación das faltas de asistencia que se produzan nos obradoiros que oportunamente se indiquen pola técnica responsable de animación sociocultural que corresponda.

AULAS ABERTAS (PERSOAS ADULTAS)

Son espazos de encontro para poñer en práctica distintas manifestacións artísticas. Poderán contar coa presenza dunha monitora ou monitor ocasionalmente. Teñen carácter gratuíto.

Establécese a seguinte orde de prioridade:

  1. Persoas empadroadas xa iniciadas na materia e que non obtivesen praza nos obradoiros de igual temática.
  2. No caso de existir vacantes, realizarase unha avaliación por parte da/o animadora/animador ou da/o técnica/o responsable do servizo.

INDICACIÓNS XERAIS PARA OS OBRADOIROS E ACTIVIDADES DA VIXENTE PROGRAMACIÓN

  • A validez das solicitudes presentadas queda supeditada en último caso ao cumprimento dos requisitos fixados para a inscrición.
  • As limitacións establecidas para a presentación de solicitudes deixarán de ser aplicables no caso de existir prazas vacantes unha vez rematado todo o proceso de inscrición e non haber solicitudes nas listaxes de reserva dos respectivos obradoiros.
  • Non se reintegrará o importe da cota de inscrición, agás no suposto de que a actividade se suspenda por iniciativa do Concello.
  • O Concello de Lugo resérvase o dereito a suprimir as actividades se non se acada un número mínimo de solicitudes. Así mesmo, o Concello resérvase o dereito de unificar grupos similares no caso de asistencia insuficiente. Permanecerá aquel que rexistre un número maior de solicitantes sen que, neste caso, exista dereito ao reintegro da cota.
  • Quen participe en calquera das actividades desta programación responsabilízase de seleccionar aquelas acordes coas súas capacidades psicofísicas. En caso contrario, e de producirse calquera tipo de dano, será baixo a súa exclusiva responsabilidade. De causar baixa no obradoiro, non se producirá a devolución da cota.
  • As/Os menores de idade que asistan a actividades no centro estarán baixo a responsabilidade exclusiva das súas nais/pais, titoras ou titores, encargados de transmitirlles as normas de convivencia e de achegalas/os e recollelas/os á hora de comezo e remate da actividade da que se trate.

RESUMO DE DATAS E PRAZOS PARA A PROGRAMACIÓN 25/26

COMEZO E REMATE DAS ACTIVIDADES

27 de outubro de 2025

29 de maio de 2026

INSCRICIÓN Do 15 ao 19 de setembro de 2025
SORTEO 24 de setembro de 2025, ás 11.00 horas
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS 25 de setembro de 2025
PAGAMENTO DA COTA

DO 25 de setembro ao 3 de outubro

(xustificantes ata o 8 de outubro)

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS  14 de outubro de 2025

PAGAMENTO DA COTA

(para persoas incluídas nas listas definitivas)

15 e 16 de outubro de 2025

(xustificantes ata 16 de outubro de 2025)

VALIDEZ DA LISTA DE RESERVA Ata o 28 de novembro de 2025

Directorio