Animación Sociocultural

Insertada nos servizos sociais comunitarios básicos a Animación Sociocultural trata de fomentar a cooperación, a solidariedade social e  a participación das persoas e dos grupos na vida comunitaria.

Comprende un conxunto de programas de intervención comunitaria que constitúen un elemento de prevención e inserción social:comprende tanto as actividades programadas (recreativas, artísticas, culturais e de exercicio físico, saídas...) como aquelas outras de desenvolvemento comunitario que teñen lugar durante todo o ano nos centros de convivencia.

As actividades irán dirixidas a toda a poboación en xeral así como actividades específicas de prevención para grupos concretos de poboación.,contan cunha perspectiva inclusiva e non discriminatoria.

Dentro delas podemos diferenciar varias tipoloxías:

  • Ocio creativo: Actividades de tipo artístico manual que fomenten a creatividade e faciliten a través delas a inserción das persoas participantes durante a aprendizaxe nunha realidade social integradora, interrelacionada e motivadora mediante o despregamento de diferentes actividades relacionadas que contribúan a proporcionar unha ocupación significativa do tempo de lecer.
  • Contido Social: actividades destinadas aá adquisición de hábitos, coñecementos e actitudes dirixidas a persoas con recursos persoais limitados (por razón de idade e situación física) que se consideran fundamentais para que poidan manter uns hábitos mínimos.
  • Formación e Cultura: dirixidos a colectivos que precisan unha formación en habilidades sociais, para completar unha formación en competencias básicas (lingua,cultura) e/ou para servir de apoio a familias con insuficiencia de recursos( apoio escolar ou inclusión educativa).
  • Promoción da saúde: Trátase de obradoiros nos que se imparten contidos relacionados co coidado integral e mantemento de hábitos que incluirían actividades de mantemento psicofísico, destinadas a potenciar a actividade física e mental así como o axuste emocional.
  • Actividades de promoción do envellecemento activo e intercambio interxeracional.

Enfocadas ao empoderamento,promoción da autonomía persoal, prevención da dependencia das persoas maiores e actividades co obxecto de desenvolver novas relacións e  acadr aprendizaxes mútuas entre persoas de xeracións distintas

Obradoiros dixitais

Trátase de facilitar as ferramentas dixitais básicas para a mellora de competencias e permitir así a participación plena da poboación  na  actual sociedade da información.

Inclúense obradoiros dirixidos a evitar a fenda dixital e o acceso aos recursos e procedementos administrativos a través do manexo de ferramentas dixitais en bloques: tecnoloxía, formación básica informática, manexo de diferentes aplicacións en internet para acceso aos diferentes recursos ( solicitude de citas telemáticas nas administracións, acceso a banca dixital, etc.).

Saídas Culturais

Trátase de actividades de interese lúdico medio ambiental co fin de coñecer os recursos  institucionais e patrimoniais  de diversa índole  que consisten no desprazamento a lugares que son de interese cultural, etnográfico ou medioambiental, durante 1 día.

O fin destas actividades é  diversificar a ocupación do tempo libre das persoas maiores á vez de enriquecer o seu coñecemento sobre os diferentes ambientes culturais e sociais.

Así mesmo, ao tratarse de actividades grupais,  favorecen a socialización e fortalecen a participación sociocomunitaria.

Sempre é un bo momento para vivir experiencias novas e de coñecer novos lugares.

Aulas Abertas

É un programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto ás persoas  menores como á unidade de convivencia no seu conxunto.Establecidas como puntos de referencia e de encontro entre os nenos e nenas no tempo de lecer creando actividades socioculturais que favorezan a adquisición de habilidades sociais que aporten un complemento para o seu desenvolvemento como persoas e por outra banda as aulas abertas de verán e inverno para nenas e nenos que sirvan para ofertar un recurso estable para facilitar minimamente a conciliación familiar e laboral, tendo en conta as limitacións propias das instalacións dos centros de convivencia municipais.

Actividades de desenvolvemento comunitario

Organización de accións para o encontro de persoas, celebración de datas sinaladas de sensibilización sociocultural, parladoiros, mesas redondas, etc.

Obradoiros dixitais

Dende o ano 2020 a Animación Sociocultural  está a dar resposta á actual fenda dixital,  ofrecendo diversas  ferramentas dixitais para diminuir as necesidades tecnolóxicas  e seguir así coa nosa tarefa compensatoria e adaptativa.

Trátase de facilitar as ferramentas dixitais básicas para a mellora de competencias e permitir así a participación plena da poboación  na  actual sociedade da información.

Inclúense obradoiros dirixidos a evitar a fenda dixital e o acceso aos recursos e procedementos administrativos a través do manexo de ferramentas dixitais en bloques: tecnoloxía, formación básica informática, manexo de diferentes aplicacións en internet para acceso aos diferentes recursos ( solicitude de citas telemáticas nas administracións, acceso a banca dixital, etc.).

Acompañamoste

Programa dirixido ás persoas maiores en situación de soidade non desexada e/ou especial vulnerabilidade.

Directorio