- Tema
- Colectivo
Cal é o obxecto do programa?
Prestarlles axudas económicas, de carácter non periódico e extraordinario, a aquelas persoas e/ou familias que non poden facer fronte a situacións carenciais graves.
Que entendemos por situacións carenciais graves?
Aquelas que non nos permiten cubrir as nosas necesidades e/ou as da familia nos seguintes supostos:
- Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección social: gastos farmacéuticos, sanitarios, escolares...
- Necesidades relacionadas co uso e mantemento da vivenda habitual (alugamento, hipoteca, equipamento mobiliario básico, adaptación funcional da vivenda...)
- Necesidades derivadas de causa de forza maior, catástrofes, accidentes, etc.
Onde dirixirse?
Ao/Á traballador/a social do centro social municipal que corresponda
Documentos
- Aprobación definitiva da ordenanza AESM (BOP 13-09-2025) | Descargar pdf
- Solicitude AESM (Nº 905) | Descargar pdf

