Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Programa de emerxencia social municipal

Programa de emerxencia social municipal

  • Tema
    • Servizos sociais
  • Colectivo
    • Familia,
    • Maiores,
    • Mulleres,
    • Persoas dependentes,
    • Persoas desempregadas

Cal é o obxecto do programa?

Prestarlles axudas económicas, de carácter non periódico e extraordinario, a aquelas persoas e/ou familias que non poden facer fronte a situacións carenciais graves.

Que entendemos por situacións carenciais graves?

Aquelas que non nos permiten cubrir as nosas necesidades e/ou as da familia nos seguintes supostos:

  • Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección social: gastos farmacéuticos, sanitarios, escolares...
  • Necesidades relacionadas co uso e mantemento da vivenda habitual (alugamento, hipoteca, equipamento mobiliario básico, adaptación funcional da vivenda...)
  • Necesidades derivadas de causa de forza maior, catástrofes, accidentes, etc.

Onde dirixirse?

Ao/Á traballador/a social do centro social municipal que corresponda

Documentos

  • Aprobación definitiva da ordenanza AESM (BOP 13-09-2025) | Descargar pdf [1]
  • Solicitude AESM (Nº 905) | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-de-emerxencia-social-municipal

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/13-09-2025_bop_aprobacion_definitiva_ordenanza_aesm.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/905_gl_solicitude_aesm.pdf