Actividades extraescolares en centros públicos

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo presta o servizo de actividades extraescolares nos colexios públicos de infantil e primaria do concello.

Estas actividades lévanse a cabo trala finalización da xornada lectiva e o servizo de comedores.

Este servizo préstase nos seguintes centros: Colexios de Infantil e primaria As Mercedes, As Gándaras, Anexa, Luís Pimentel, Paradai, Sagrado Corazón, Menéndez Pelayo, Manuel Mallo Mallo, Albeiros, Rosalía de Castro, Quiroga Ballesteros, Illa Verde, A Ponte, Casás, Escola Educación Infantil Fingoi 2, CEE Santa María e Apsnais.

Neste curso, ante a situación sanitaria, as actividades faranse de xeito telemático.

Así cada nena/o usuaria dará un correo electrónico onde recibirá o enlace para asistir. A plataforma, que é gratuíta, funciona en PC ou dispositivo móbil.

Para anotarse para o curso 20-21, selecciona a ficha do teu centro e envíaa cuberta a extraescolares@serviplus.org.

Autorizacións firmadas "Extraescolares 2020-2021"