Servizo de Augas

O Concello é o responsable de facer chegar a auga potable aos cidadáns e cidadás de Lugo. Dende a Estación de captación e tratamento da auga ata os domicilios lugueses hai un proceso que resumidamente é o seguinte:

  • Captación de auga bruta do río Miño. 
  • Proceso de decantación. 
  • Filtración mediante filtros de area. 
  • Precloración e postcloración. 
  • Tratamento químico con reactivos: sulfato de alúmina, hidróxido cálcico, polielectrolito, permanganato potásico, carón activo. 
  • Bombeo da auga tratada ós depósitos de distribución. 
  • Laboratorio de control químico e bacteriolóxico. 
  • Vixiancia e control dos depósitos de distribución sitos na Piringalla. 
  • Bombeo ó depósito situado no Polígono do CEAO e mantemento de equipo de cloración complementeario situado no mesmo. 
  • Mantemento de tódolos equipos eléctricos en alta e baixa tensión (transformadores, motores, etc.).

O Servizo de Augas do Concello realiza os trámites necesarios para cumprimentar o abastecemento: contratos de subministración, lectura de contadores, facturación de recibos, tramitación das facturas e atención ás diferente reclamacións que podan xurdin no desenvolvemento do servizo. A facturación realízase de xeito trimestral e na factura adoita incluírse tamén as taxas de recollida de lixo e sumidoiros.

Completa o Servizo de Augas o Taller encargado da instalación da rede de subministración de auga, ben sexa en traballos directos ou en mediante control dos proxectos contratados con outras empresas. Este taller é dependente da Concellería de Infraestruturas. O Taller de Augas é tamén a dependencia encargada de:

  • Apertura e recheo de zanxas.
  • Cortes de subministro de auga para que os fontaneiros particulares podan conectar e repara-las avarías nas acometidas dos edificios, así como controlar estos traballos.
  • Localización de fugas.
  • Reparación de avarías.
  • Mantemento da Rede de Impulsión e da Rede de Subministro de Auga.
  • Información ás empresas que traballan na cidade da localización da Rede de Subministro de Auga.
  • Emisión de informes sobre traballos que son necesarios realizar para a conexión das acometidas e prolongacións de Rede que son solicitadas, así como realización de informes sobre danos ocasionados por roturas.