A actuación que se está a realizar resolverá un problema de salubridade que había na zona e evitará as inundacións na glorieta situada en As Gándaras
Os traballos que está a realizar a empresa adxudicataria do mantemento da rede (Gestauga), se prolongarán durante como máximo dez días e consisten na substitución de 50 metros do antiguo colector de formigón por un novo de PVC 400mmm

O Concello de Lugo está a executar unha actuación para canalizar as augas que ata o de agora discorrían sen control ata a rotonda situada na confluencia do Camiño Romai, o Camiño da Roca, o Camiño da Fonte e a rúa Alexandre Bóveda.
A intervención desbloquea a unha problemática que viña afectando á veciñanza deste contorna desde hai tempo. As augas fecais descendían por uns terreos ata desembocar na glorieta, provocando malos cheiros, a presenza de augas de aspecto branquecino e, en determinados momentos, a inundación da rotonda, co conseguinte risco para a seguridade viaria.
Precisamente, esta situación xa fóra denunciada polo Grupo Municipal Popular, que reclamaba unha solución tanto polos problemas de salubridade que ocasionaba como polos riscos que xeraba para a circulación nun punto de intenso tránsito.
Os traballos que se están a executar para eliminar este vertido de augas fecais, debido ao colapso do colector de saneamento, consisten na substitución de 50 metros do antiguo colector de saneamento de formigón por un novo de PVC 400mmm , de maiores garantías e mellor comportamiento hidráulico.
Con esta intervención, o Concello continúa desbloqueando e avanzando na resolución de incidencias que afectaban ao día a día da veciñanza, transformando demandas pendentes en actuacións concretas.


