O Concello informa que máis de 4300 parcelas da zona rural recuperaran a condición de solo rústico e deixarán de pagar como urbanas

Logo da reunión mantida coa Comisión de Seguimento, Vigilancia y control del convenio de colaboración en materia de gestión catastral, o goberno municipal confirma que a medida terá efectos retroactivos e permitirá devolver aos propietarios as cantidades abonadas de máis no exercicio 2026 e que traballará coa coa Dirección Xeral do Catastro para que esta actualización quede incorporada ao padrón do IBI de 2027, evitando que esta situación volva repetirse

Xoves, 16 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello informa que máis de 4300 parcelas da zona rural recuperaran a condición de solo rústico e deixarán de pagar como urbanas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, que compareceu co concelleiro de urbanismo, Ramón Cabarcos, informou hoxe dun importante avance para a veciñanza da zona rural tras a reunión da comisión de seguimento do convenio entre o Concello e a Dirección Xeral do Catastro.

Como resultado das recentes sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respecto dos procedementos simplificados de valoración colectiva vanse a retrotraer as actuacións nas áreas de expansión do núcleo rural sen ordenación predeterminadas, polo que arredor de 4300  parcelas situadas nas áreas de expansión non ordenadas recuperarán a condición de solo rústico, corrixindo así unha situación que obrigaba aos seus propietarios a tributar como solo urbano pese a non dispoñer dos dereitos urbanísticos propios desa clasificación.

O procedemento simplificado de valoración colectiva por parte da Dirección Xeral do Catastro desenvolverase a partir do mes de setembro e terá efectos retroactivos , polo que os propietarios recuperarán as cantidades que abonaron de máis durante este ano.

"O importante é solucionar os problemas dos veciños"

A alcaldesa lembrou que esta situación foi denunciada polo Partido Popular xa durante a anterior etapa de goberno.

"O importante non é ter razón; o importante é solucionar os problemas dos veciños. Desde a oposición advertimos de que era unha inxustiza obrigar aos propietarios a pagar como solo urbano por uns terreos que non tiñan os dereitos propios desa clasificación. Hoxe podemos anunciar que esa situación se vai corrixir."

A alcaldesa explicou que, coa aprobación do PXOM, máis de 15 millóns de metros cadrados de solo de núcleo rural quedaron incluídos como áreas de expansión.

Estas parcelas pasaron a tributar como urbanas, malia que non podían edificarse directamente, xa que precisaban previamente dun instrumento de desenvolvemento urbanístico.

"Non era razoable facer pagar aos propietarios como se dispuxesen dun solo urbano consolidado cando, na práctica, eses dereitos urbanísticos non existían."

Dúas situacións diferenciadas

A alcaldesa explicou que o acordo  distingue claramente entre dous tipos de parcelas.

Por unha banda, as parcelas situadas en áreas de expansión ordenadas manterán a consideración urbana porque dispoñen de licenza directa e, cumprindo os requisitos establecidos pola normativa, poderán exercer os dereitos edificatorios correspondentes.

Pola outra, as parcelas situadas en áreas de expansión non ordenadas, unhas 4300 en todo o municipio, recuperarán a clasificación de solo rústico, ao entender Catastro que nunca deberon perder esa consideración mentres non existise un desenvolvemento urbanístico efectivo.

Un compromiso adquirido coa veciñanza

Candia lembrou que o Partido Popular xa advertira desta situación cando o anterior Goberno aprobou a modificación dos tipos de gravame  en 2024 para o exercicio e presentou alegacións para establecer bonificacións aos propietarios afectados.

"Sempre defendemos que os veciños tiñan que pagar polo que realmente tiñan e non por unhas expectativas urbanísticas futuras. Hoxe damos un paso importante para reparar esa situación."

A alcaldesa destacou tamén que o Concello traballará coa Dirección Xeral do Catastro para que esta actualización quede incorporada ao padrón do IBI de 2027, evitando que esta situación volva repetirse.

"Corriximos unha inxustiza fiscal"

Elena Candia concluíu asegurando que esta decisión representa un avance importante para a zona rural do municipio.

"Corriximos unha inxustiza fiscal que afectaba a multitude  de propietarios da nosa zona rural. Os veciños pagarán polo que realmente teñen e non por unhas expectativas urbanísticas que nunca chegaron a converterse en dereitos."

Multimedia

  • O Concello informa que máis de 4300 parcelas da zona rural recuperaran a condición de solo rústico e deixarán de pagar como urbanas
  • O Concello informa que máis de 4300 parcelas da zona rural recuperaran a condición de solo rústico e deixarán de pagar como urbanas

Noticias relacionadas