A alcaldesa e o concelleiro de Deportes reciben á marchadora lucense Aldara Meilán polos seus éxitos deportivos en 2026

Mércores, 26 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes reciben á marchadora lucense Aldara Meilán polos seus éxitos deportivos en 2026

Lugo, a 26 de agosto de 2026.- A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, recibiron á atleta lucense Aldara Meilán para recoñecer unha tempada na que deu o salto definitivo á elite absoluta da marcha atlética.

A deportista da Atlética Lucense, de 19 anos, conseguiu en 2026 a medalla de bronce individual na media maratón do Campionato do Mundo de Marcha por Equipos de Brasilia, contribuíndo ademais á prata de España por equipos.

A estes resultados sumou o bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España absoluto de Málaga e a novena posición no Campionato de Europa absoluto de Birmingham.

Durante a recepción, Candia e Carballo trasladaron a Aldara o recoñecemento da cidade pola súa progresión, o seu esforzo e a súa capacidade para levar o nome de Lugo ás principais competicións nacionais e internacionais.

Noticias relacionadas