A Xunta de Goberno local adxudica 3 obras e licita dúas intervencións por importe de 2.414.126,40 €

Luns, 24 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta de Goberno local adxudica 3 obras e licita dúas intervencións por importe de 2.414.126,40 €

- Pavimentación do Camiño Primitivo en San Lázaro no barrio de A Ponte á empresa Cholo, S.L., por un importe total de 205.200,36 €. Os traballos terán un prazo de execución de tres meses.

- O abastecemento de auga en San Martiño de Ombreiro incluída no Plan Provincial Único de Cooperación 2026 se adxudica a Ogalia Contratas  (233.530 €), prazo de execución 3 meses.

- Pasarela peonil da Ronda da República Argentina, que executará a UTE formada por Citanias Obras y Servicios e Geocaminos por un importe de 1.115.361,22 euros. A actuación terá un prazo máximo de execución de sete meses e trece días e permitirá avanzar nunha infraestrutura destinada a mellorar a mobilidade peonil e a accesibilidade nesta zona da cidade. A oferta inclúe, ademais, unha ampliación de 36 meses sobre o prazo mínimo de garantía, polo que a obra contará cunha garantía total de cinco anos. Trátase dunha actuación que o Partido Popular xa propuxera no Pleno de xullo de 2021. Naquel momento, PSOE e BNG votaron en contra da iniciativa  para impulsar esta infraestrutura. 

Tamén hoxe a alcaldesa asinou dous decretos para licitar dúas intervencións:

- Impulsar as obras de humanización do parque de San Lorenzo (469.254,17€) - Vial de conexión entre rio Eo e Otero Pedrayo no barrio de Paradai(390.780,57€)

“Son actuacións moi diferentes entre si, pero todas responden a unha mesma forma de traballar: atender necesidades concretas, desbloquear expedientes e avanzar en solucións que melloran os barrios, as parroquias e a vida cotiá dos lucenses”, destacou o Goberno municipal.

Subvencións Dinamización Económica

Por último a Xunta de Goberno local tamén aprobou unha convocatoria de 28.000 euros para apoiar proxectos de dinamización económica impulsados por entidades sen ánimo de lucro. Estas subvencións están impulsadas pola concellería de Dinamización Económica. As achegas non poderán superar os 2.000 € por solitante e o obxectivo é “realizar accións de impulso da actividade económica, empresarial, comercial do emprego e da hostelería dentro do termo municipal de Lugo”.

 

Multimedia

  • A Xunta de Goberno local adxudica 3 obras e licita dúas intervencións por importe de 2.414.126,40 €

Noticias relacionadas