A Xunta de Goberno Local aproba as bases que permitirán tramitar as subvencións deportivas correspondentes ao exercicio 2025 e ao primeiro semestre de 2026
Luns, 17 de agosto de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local aprobou fóra da ordedodía as bases que permitirán tramitar as subvencións destinadas ás asociacións deportivas e ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolven actividades nas áreas de Cultura, Educación, Deportes, Infancia e Xuventude.
A medida permitirá iniciar a convocatoria correspondente ao exercicio 2025 e ao primeiro semestre de 2026, así como a posterior tramitación das solicitudes e concesión das axudas.
O propio expediente xustifica a urxencia da aprobación pola necesidade de evitar demoras na resolución e no pagamento das axudas, tendo en conta que estas contribúen ao financiamento dos programas e actividades desenvolvidos polas entidades deportivas.
Unha situación que o Goberno local quere poñer ao día
A situación de partida está marcada polo ocorrido en 2024. A convocatoria das axudas correspondentes a ese exercicio, por partedoanterior GobernodoPSOE edoBNG, publicouse no BOP o 26 de decembro, polo que nin había tempo para presentar a documentación por parte dos clubes, nin tampouco para tramitalas dentrodopropio exercicio.
O ocorrido coas axudas de 2024 é un bo exemplodoque nos atopamos ao chegar ao Goberno: unha Administración que non era capaz de tramitar en tempo e forma recursos que son importantes para os nosos clubs”.
As novas bases incorporan un incremento da achega municipal. Se habitualmente se destinaban arredor de 321.000 euros a estas axudas, agora a contía elévase ata os 481.000 euros. Con este incremento se porá ao día o DEBE das axudas deportivas xa que se perdeu unha anualidade enteira.
A alcaldesa puxo tamén en valor o esforzo realizado polas entidades deportivas durante este período: “Os clubs fixeron un esforzo moi importante para poder seguir adiante a pesar desta situación, pero entendemos que non é xusto que teñan que soportar as consecuencias dunha mala xestión administrativa. Temos que cumprir cos nosos equipos e coas entidades que cada día traballan polo deporte en Lugo”.
O obxectivo é recuperar a normalidade na tramitación das axudas e chegar a 2027 cunha convocatoria ordenada, que permita ao Concello cumprir cada ano co apoio que corresponde ao tecido deportivo da cidade.
Licenza para unha residencia de persoas maiores en Recatelo
Outro dos asuntos tratados foi a concesión dunha licenza para a construción dunha residencia para 115 persoas maiores no barrio de Recatelo, promovida pola empresa Ballesol. A alcaldesa destacou a importancia deste proxecto para a cidade e sinalou que se trata dunha actuación que suporá unha importante intervención no ámbito da rehabilitación e recuperación deste espazodobarrio.
Outros asuntos da ordedodía
En relación coa construción da pasarela peonil sobre a Ronda República Argentina, o Goberno local informou de que o pasado 9 de xullo ADEGA presentou un escrito no Concello solicitando determinada documentación relativa a eta actuación.
Por deferencia e antes de proceder á adxudicación, na Xunta de Goberno local se decidiu dar resposta á petición de documentación presentada por esta entidade, poñendo á súa disposición a información solicitada.
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o patrocinio de Caudal Fest, por importe de 227.000 euros, dentrodoapoio municipal a esta actividade
Persoal
Outros asuntos que se aprobaron hoxe na Xunta de Goberno local foron o da renovación da comisión de servizos da persoa encargada de augas. Trátase dun posto que se atopa vacante e que leva un ano cuberto temporalmente. Mentres non se resolva a convocatoria para a súa cobertura definitiva, e por razóns de necesidade, proponse dar continuidade a esta cobertura temporal para garantir o funcionamentodoservizo.
Así mesmo, a Xunta de Goberno Local deu o visto bo a unha atribución temporal de funcións para o capataz da Brigada Forestal.


