A alcaldesa recibe ao deportista lucense Iker Marín Latas, campión de España de Wushu-Sanda

Xoves, 20 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe ao deportista lucense Iker Marín Latas, campión de España de Wushu-Sanda

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude, Damián Carballo, recibiu ao deportista lucense Iker Marín Latas, campión de España sénior na modalidade de Sanda -60 kg e terceiro clasificado no Campionato de Europa, ambos os dous logros acadados este ano.

Iker Marín Latas practica Wushu desde os cinco anos e, tras varios anos de formación en diferentes modalidades, centrouse no Sanda arredor dos 12-13 anos. Actualmente compaxina os seus adestramentos no Ximnasio Olympuss coa súa vida laboral.

Durante o encontro, a alcaldesa felicitou a Iker polo seu traballo e trasladoulle o orgullo do Concello polos seus éxitos.

A alcaldesa quixo facer tamén “un recoñecemento  ás familias dos deportistas, sempre detrás apoiando”, e pechou o encontro cunha mensaxe de ánimo: “Noraboa, e aquí tes a túa casa para seguir construíndo este futuro tan brillante que tes”.

Durante a recepción, o deportista mostrou as medallas conseguidas en distintas competicións.

Noticias relacionadas