ACTIVIDADES XTI 26

Es para publicar junto a este cartel que os adjunto y la siguiente nota de prensa. Olvidad el texto anterior:
O Concello de Lugo impulsa en setembro unhas Xornadas Multiaventura do programa +XTI con actividades deportivas gratuítas
* A programación inclúe kayak polo, barco dragón, piragüismo, hípica, escalada, boxeo e diferentes actividades sobre rodas
* As inscricións abrirán o luns 31 de agosto ás 12.00 horas a través de lugomasxti.org

Venres, 28 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
ACTIVIDADES XTI 26

O Concello de Lugo organiza durante o mes de setembro unhas novas Xornadas Multiaventura dentro do programa +XTI, cunha programación gratuíta que permitirá achegar á mocidade diferentes disciplinas deportivas e propostas de lecer activo.

As actividades desenvolveranse en distintos espazos do municipio e inclúen kayak polo, barco dragón e iniciación ao piragüismo, achegamento á hípica, escalada, boxeo e circuítos de bicicleta e quadriciclos, ademais de diferentes retos e probas de habilidade.

A programación contará con propostas adaptadas a diferentes idades e niveis. Algunhas das actividades serán de participación libre, polo que non será necesaria inscrición previa.

Para aquelas que requiran reserva de praza, as inscricións abrirán o luns 31 de agosto ás 12.00 horas na web lugomasxti.org e poderán realizarse ata dous días antes do inicio de cada actividade ou ata completar as prazas dispoñibles.

Con estas xornadas, o Concello continúa ampliando as alternativas de ocio saudable, deporte e convivencia para a mocidade lucense, ofrecendo durante setembro novas oportunidades para descubrir disciplinas diferentes e desfrutar do tempo libre de maneira activa.

As persoas interesadas poden obter máis información a través da web do programa ou no teléfono 982 297 498.

Noticias relacionadas