Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo impulsa en setembro unhas Xornadas Multiaventura do programa +XTI con actividades deportivas gratuítas

O Concello de Lugo impulsa en setembro unhas Xornadas Multiaventura do programa +XTI con actividades deportivas gratuítas

  • A programación inclúe kayak polo, barco dragón, piragüismo, hípica, escalada, boxeo e diferentes actividades sobre rodas
  • As inscricións abrirán o luns 31 de agosto ás 12.00 horas a través de lugomasxti.org
  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Deportes,
    • Escolas deportivas,
    • Instalacións deportivas
Venres, 28 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
ACTIVIDADES XTI 26
O Concello de Lugo organiza durante o mes de setembro unhas novas Xornadas Multiaventura dentro do programa +XTI, cunha programación gratuíta que permitirá achegar á mocidade diferentes disciplinas deportivas e propostas de lecer activo.
 
As actividades desenvolveranse en distintos espazos do municipio e inclúen kayak polo, barco dragón e iniciación ao piragüismo, achegamento á hípica, escalada, boxeo e circuítos de bicicleta e quadriciclos, ademais de diferentes retos e probas de habilidade.
 
A programación contará con propostas adaptadas a diferentes idades e niveis. Algunhas das actividades serán de participación libre, polo que non será necesaria inscrición previa.
 
Para aquelas que requiran reserva de praza, as inscricións abrirán o luns 31 de agosto ás 12.00 horas na web lugomasxti.org e poderán realizarse ata dous días antes do inicio de cada actividade ou ata completar as prazas dispoñibles.
 
Con estas xornadas, o Concello continúa ampliando as alternativas de ocio saudable, deporte e convivencia para a mocidade lucense, ofrecendo durante setembro novas oportunidades para descubrir disciplinas diferentes e desfrutar do tempo libre de maneira activa.
 
As persoas interesadas poden obter máis información a través da web do programa ou no teléfono 982 297 498.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/actividades-xti-26