O polideportivo de O Palomar abrirá este domingo, 15 de novembro, en horario de tarde, acollendo competicións oficiais de fútbol sala e baloncesto

A ampliación do horario dominical estenderase nas próximas datas ao polideportivo municipal de Frigsa e á piscina municipal de Frigsa.
Deste xeito, as tres instalacións incorporarán unha nova franxa de apertura durante as tardes dos domingos, que se suma aos horarios habituais de funcionamento. A dispoñibilidade dos pavillóns permitirá programar encontros de competicións federadas de modalidades como fútbol sala, baloncesto e voleibol. Pola súa banda, a apertura da piscina permitirá tamén a práctica da natación nesa franxa horaria.
A incorporación do novo horario realizarase de xeito progresivo:
-
Domingo 15 de novembro: apertura do polideportivo de O Palomar en horario de tarde, con competicións oficiais de fútbol sala e baloncesto.
-
Próximas datas: incorporación do polideportivo municipal de Frigsa e da piscina municipal de Frigsa á apertura dominical de tarde.

