O Concello autoriza a instalación de televisores nas terrazas para seguir a final do Mundial con garantías de seguridade e convivencia

Sábado, 18 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Co gallo da celebración da final da Copa Mundial de Fútbol 2026, na que participa a selección española, o Concello de Lugo publica un bando que regula a instalación de televisores nas terrazas dos establecementos hostaleiros. O obxectivo é facilitar que a cidadanía poida gozar deste evento de gran repercusión social, compatibilizando a actividade da hostalaría co descanso veciñal, a seguridade e a boa convivencia. O bando establece as condicións de instalación e funcionamento dos equipos, así como os horarios e limitacións que deberán respectarse.

Documento

  • Bando televisores en terrazas Mundial de Fútbol 2026 | Descargar PDF

Noticias relacionadas