Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello autoriza a instalación de televisores nas terrazas para seguir a final do Mundial con garantías de seguridade e convivencia

O Concello autoriza a instalación de televisores nas terrazas para seguir a final do Mundial con garantías de seguridade e convivencia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes,
    • Seguridade
Sábado, 18 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Co gallo da celebración da final da Copa Mundial de Fútbol 2026, na que participa a selección española, o Concello de Lugo publica un bando que regula a instalación de televisores nas terrazas dos establecementos hostaleiros. O obxectivo é facilitar que a cidadanía poida gozar deste evento de gran repercusión social, compatibilizando a actividade da hostalaría co descanso veciñal, a seguridade e a boa convivencia. O bando establece as condicións de instalación e funcionamento dos equipos, así como os horarios e limitacións que deberán respectarse.

Documento

  • Bando televisores en terrazas Mundial de Fútbol 2026 | Descargar PDF [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-autoriza-instalacion-de-televisores-nas-terrazas-para-seguir-final-do-mundial-con

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/bando_televisores_en_terrazas_mundial_de_futbol_2026_def.doc_1.pdf