O Concello actúa de oficio e con carácter de urxencia para eliminar o risco de desprendemento dun inmoble no barrio do Carme

A actuación permite retirar a galería e parte do muro afectados e garantir a seguridade dos viandantes e dos inmobles lindeiros

Martes, 01 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello actúa de oficio e con carácter de urxencia para eliminar o risco de desprendemento dun inmoble no barrio do Carme
O Concello de Lugo actuou de oficio e con carácter de urxencia ante o risco inminente de desprendemento dunha parte dun inmoble situado no barrio do Carme, despois de detectarse hai uns días a apertura dunha greta nunha medianeira.
 
Para atallar con celeridade o risco de caída, o Concello procedeu á retirada da galería e da parte do muro afectada, eliminando así os elementos que presentaban perigo e garantindo a seguridade na contorna.
 
O inmoble presentaba desde hai tempo un avanzado estado de deterioro e, ante a falta de actuación da propiedade, seguiu os procedementos e trámites legais necesarios para poder intervir ante esta situación de risco.
 
O custo dos traballos será reclamado á propiedade, de acordo coa normativa aplicable.
 
Esta actuación forma parte da folla de ruta do Goberno municipal ante os inmobles que presentan problemas de conservación: por unha banda, facilitar e favorecer a rehabilitación dos edificios sempre que sexa posible e, por outra, actuar de oficio cando exista un risco para a seguridade e a propiedade non acometa as actuacións necesarias, especialmente para salvagardar a seguridade das persoas e dos inmobles da súa contorna.

Multimedia

  • O Concello actúa de oficio e con carácter de urxencia para eliminar o risco de desprendemento dun inmoble no barrio do Carme
  • O Concello actúa de oficio e con carácter de urxencia para eliminar o risco de desprendemento dun inmoble no barrio do Carme

Noticias relacionadas