Estas actuacións permitiron comprobar que a intervención terá un maior alcance do inicialmente previsto
- Tema
Martes, 01 de setembro de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

O muro de Frigsa permanece valado como medida preventiva desde hai meses, mentres o Concello avanzou nos traballos técnicos necesarios para definir a actuación que permita acometer a súa reparación.
Dende a chegada do novo equipo de goberno, o Concello contratou e realizou un estudo xeotécnico para analizar o estado real do núcleo do muro e coñecer o alcance do problema.
Tras este estudo, foi necesario afondar na análise mediante unha cata, realizada para completar a información técnica e coñecer con maior precisión o estado do muro.
Os traballos feitos permitiron comprobar que a intervención necesaria terá un maior alcance do inicialmente previsto.
Agora, os técnicos están a valorar toda a información obtida no estudo xeotécnico e na cata para definir a actuación máis axeitada e poder acometer posteriormente a reparación definitiva do muro.

