O Concello recibe o polígono 2 da Louzaneta e permite aos seus propietarios solicitar as licenzas de primeira ocupación con informe favorable de enxeñería

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou que "nun momento no que tanto se fala da necesidade de vivenda, non ten sentido que unha zona como esta de Lugo seguise pendente de culminar o proceso urbanístico sen ofrecer seguridade xurídica aos seus propietarios". Esta recepción "é só o principio xa que continuaremos traballando para impulsar a recepción dos polígonos 1 e 3, así como da zona industrial de Louzaneta. "Cando hai vontade política, diálogo e rigor técnico, os expedientes avanzan e os problemas acaban resolvéndose", concluíu.

Germán Pumares Díaz, representante da Xunta compensación do poligono 2 (40 propietarios de 65 parcelas) agradeceu ás actuais autoridades o traballo realizado para culminar un proceso que se prolongou por causas alleas aos propietarios

O acto tamén contou coa presenza de Tomás Notario autor do proxecto e director de obras, que participou neste momento cargado de simbolismo no que, décaa despis, se pasa “dun acto de feito a un acto de dereito”

Luns, 20 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello recibe o polígono 2 da Louzaneta e permite  aos seus propietarios solicitar as licenzas de primeira ocupación con informe favorable de enxeñería

O Concello de Lugo formalizou esta tarde a recepción parcial do Polígono 2 de Louzaneta. Este paso é o colofón do acordo alcanzado entre o Concello e a Xunta de Compensación, anunciado a pasada semana pola alcaldesa, Elena Candia, tras semanas de traballo técnico e xurídico para atopar unha solución a un dos expedientes urbanísticos máis complexos da cidade que levaba máis de 20 anos atascado.

O desbloqueo foi posible logo de que os propietarios asumisen o pago de 80.322 euros para executar o soterramento da liña eléctrica de media tensión. Unha vez que a Xunta de Compensación recadou esa contía e que a ingresou, o pasado 16 de xullo, nas arcas municipais, cumpríronse as condicións necesarias para formalizar esta recepción parcial da urbanización.

A firma desta acta representa moito máis ca un trámite administrativo. O concello agora coordinará e liderará os traballos  e trámites necesarios para materializar o soterramento da liña de media tensión que pagan os veciños matizando que “cando hai vontade política, diálogo e rigor técnico  os expedientes avanzan e os problemas acaban resolvéndose"

Un momento cargado de simbolismo

O acto contou tamén coa presenza do autor do proxecto de urbanización de Louzaneta-Areeiras, Tomás Notario Vacas, quen presenciou a formalización dun acordo que contribúe a facer realidade un proxecto no que participou hai décadas.

A súa presenza converteu este acto nun momento especialmente significativo para a historia recente da cidade, ao simbolizar a culminación dun proceso que se eternizou no tempo de forma innecesaria.

A recepción parcial do Polígono 2 constitúe o primeiro paso dunha folla de ruta que o Concello continuará desenvolvendo para avanzar tamén na regularización dos restantes ámbitos de Louzaneta, (polígono 1 e polígono 3 e zona industrial) dando resposta a unha reivindicación histórica e demostrando que é posible resolver expedientes que levaban décadas bloqueados.

 

Multimedia

  • O Concello recibe o polígono 2 da Louzaneta e permite  aos seus propietarios solicitar as licenzas de primeira ocupación con informe favorable de enxeñería
  • O Concello recibe o polígono 2 da Louzaneta e permite  aos seus propietarios solicitar as licenzas de primeira ocupación con informe favorable de enxeñería

Noticias relacionadas